O centro de atención a persoas maiores de Pantón é un centro de 40  prazas e está situado nas aforas de Ferreira de Pantón. É un centro  moi amplo con moitos espazos diáfanos e diferentes estanzas para  realización das diversas actividades.

Tamén disponemos de zona verde  para poder sair a facer actividades ao aire libre. Como o noso centro  está situado moi próximoao CEIP Monte Baliño e á Escola Infantil,  realizamos moitas actividades interxeracionais con eles. As persoas usuarias que acuden diariamente ao noso centro o fan dende  diferentes puntos da comarca e aínda que a mayoría son do concello de  Pantón, algúns veñen de Monforte, O Saviñao ou Chantada.

O noso equipo de traballo está composto por 1 PSX, 6 xerocultoras,  educadora social, fisioterapeuta, traballadora social e psicóloga. E  todas nós estamos comprometidas en facer que as persoas usuarias se  sintan a gusto no centro e que cada día marches para a súa casa cunha  sonrisa nos beizos.